INSCRICIÓN AE LEAGUE JUNIOR

A AE League Junior é unha emocionante competición deportiva mixta de fútbol sala que ten como obxectivo brindar á mocidade unha actividade deportiva durante as vacacións de xuño. Esta competición é organizada pola Asociación Xuvenil e Deportiva AE League, e destácase pola súa normativa única que inclúe a implementación de cartas que poden ser utilizadas en medio do xogo, así como cambios nas regras específicas durante certos períodos dos partidos.

O formato da competición implica que na fase de grupos disputaranse partidos de ida, o que significa que cada equipo enfrontarase aos outros tres equipos do seu grupo unha vez. Os partidos terán unha duración de 15 minutos e unha pausa de 5 minutos entre cada parte. A finalidade desta fase de grupos é determinar que equipos avanzarán ás eliminacións. Os dous equipos mellor clasificados de cada grupo pasarán á seguinte fase da competición.

Requisitor para participar:

-Ser nado entre os anos 2010-2014.

-Contar cun equipo dun mínimo de 7 xogadores e un máximo de 15. 

-Pagar a cuota de inscrición por xogador, 5€/persoa. Esta cuota pagarase o día que vaiades a xogar o primeiro partido na cantina, situada na entrada do Pavilón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro. 

–> No caso de que cumplas cos requisitos anteriormente mencionados deberás de encher a ficha de Inscrición da liga co resto de xogadores do teu equipo.

A inscrición do equipo permite gardar unha praza na competición. No caso de encher o cupo de 8 equipos, o resto de equipos quedará nunha lista de espera. 

DATOS A DESTACAR

–> A liga conta con árbitros locais non federados. Tentarán exercer a súa acción de árbitro como mellor poidan e contarán cun asistente de mesa en tódolos partidos que contará os goles e controlará o marcador. 

–> Cada equipo deberá de ter un logo que non teña dereitos de imaxe. 

–> Cada equipo deberá de ter un corpo técnico composto por un adestrador, un segundo adestrador (opcional) e un representante que ten que ser maior de idade. O representante farase cargo do pago dos defectos ou deterioro de material que poida facer o equipo. 

–>A competición é mixta, polo tanto poderán xogar tanto mozas como mozos.

–> Se un xogador falsifica a súa idade de nacemento e é descuberto, todo o equipo será descalificado da competición e non se devolverán os cartos. 

–> Se un xogador non inscrito xoga nun equipo, será motivo de descalificación do equipo. No caso de que o anterior se lesione, o que lle suceda correrá pola súa conta e non estará asegurado pola competición. Non se devolverán os cartos.

–> Todos os participantes estarán asegurados baixo o seguro da competición. 

–> No caso de non ter equipación personalizada deberedes de poñer no nº de dorsal números do 1 ao 15. A liga proveerá petos numerados do 1 ao 12 aos equipos que non conten con equipacións personalizadas. 

INSCRICIÓN AE LEAGUE 2024

A AE League é unha emocionante competición deportiva mixta de fútbol sala que ten como obxectivo brindar á mocidade unha actividade deportiva durante as vacacións de xuño. Esta competición é organizada pola Asociación Xuvenil e Deportiva AE League, e destácase pola súa normativa única que inclúe a implementación de cartas que poden ser utilizadas en medio do xogo, así como cambios nas regras específicas durante certos períodos dos partidos.

O formato da competición implica que na fase de grupos disputaranse partidos de ida, o que significa que cada equipo enfrontarase aos outros tres equipos do seu grupo unha vez. Os partidos terán unha duración de 15 minutos e unha pausa de 5 minutos entre cada parte. A finalidade desta fase de grupos é determinar que equipos avanzarán ás eliminacións. Os dous equipos mellor clasificados de cada grupo pasarán á seguinte fase da competición.

Requisitor para participar:

-Ser nado entre os anos 2005-2010.

-Contar cun equipo dun mínimo de 7 xogadores e un máximo de 15. 

-Pagar a cuota de inscrición por xogador, 5€/persoa. Esta cuota pagarase o día que vaiades a xogar o primeiro partido na cantina, situada na entrada do Pavilón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro. 

–> No caso de que cumplas cos requisitos anteriormente mencionados deberás de encher a ficha de Inscrición da liga co resto de xogadores do teu equipo.

A inscrición do equipo permite gardar unha praza na competición. No caso de encher o cupo de 20 equipos, o resto de equipos quedará nunha lista de espera. 

DATOS A DESTACAR

–> A Fase de grupos da competición terá lugar os días: 17, 18, 19, 20, 24 e 28 de xuño. 

–As eliminatorias terán lugar os días 29 e 30 de xuño. 

–> A liga conta con árbitros locais non federados. Tentarán exercer a súa acción de árbitro como mellor poidan e contarán cun asistente de mesa en tódolos partidos que contará os goles e controlará o marcador. 

–> Cada equipo deberá de ter un logo que non teña dereitos de imaxe. 

–> Cada equipo deberá de ter un corpo técnico composto por un adestrador, un segundo adestrador (opcional) e un representante que ten que ser maior de idade. O representante farase cargo do pago dos defectos ou deterioro de material que poida facer o equipo. 

–>A competición é mixta, polo tanto poderán xogar tanto mozas como mozos.

–> Se un xogador falsifica a súa idade de nacemento e é descuberto, todo o equipo será descalificado da competición e non se devolverán os cartos. 

–> Se un xogador non inscrito xoga nun equipo, será motivo de descalificación do equipo. No caso de que o anterior se lesione, o que lle suceda correrá pola súa conta e non estará asegurado pola competición. Non se devolverán os cartos.

–> Todos os participantes estarán asegurados baixo o seguro da competición. 

–> No caso de non ter equipación personalizada deberedes de poñer no nº de dorsal números do 1 ao 15. A liga proveerá petos numerados do 1 ao 12 aos equipos que non conten con equipacións personalizadas. 

–> Para realizar calquera cambio nos datos do equipo notificadeo por aeleague32@gmail.com (O día 31 de maio ás 23:59 xa non se admitirán máis cambios nos equipos )